La imagen perdida / L'image manquante
Rithy Panh, 2013
92'. DCP. Subt. Castelán
La imagen perdida / L'image manquante
(Camboya, Francia, 2013)
Dirección: Rithy Panh. Guión: Rithy Panh, Christophe Bataille. Fotografía: Prum Mesa. Dur.: 92 min.
"Durante moitos anos busquei unha imaxe perdida: unha fotografía tomada entre 1975 e 1979 polos Khmeres Vermellos cando gobernaban en Cambodja. Por suposto que unha imaxe por si soa non pode ser a proba dun xenocidio, mais fainos pensar, fórzanos a meditar, a rexistrar a Historia. Busqueina de balde en arquivos, en vellos papeis, nas aldeas de Cambodja. Hoxe seino: esta imaxe debe estar perdida. Así que a creei". A película é unha adaptación de seccións autobiográficas do libro de Rithy Panh e Christophe Bataille publicado en 2013, La eliminación (Anagrama), que narra a historia da súa familia antes e despois de que os Khmeres Vermellos entraran en Phnom Penh. O réxime comunista de Pol Pot tomou a capital de Cambodja o 17 de abril de 1975, cando Panh tiña 11 anos. Os cidadáns foron enviados a campos de traballo e coa clara intención de eliminar as divisións de clase, todos os efectos persoais foron confiscados e os individuos substituídos por números. As torturas e execucións convertéronse en moeda de cambio á menor infracción. Nun audaz salto imaxinativo, a historia é representada mediante figuras de arxila superpostas na narración.