La gueule ouverte
Maurice Pialat, 1974
85’. Subt. Galego
LA GUEULE OUVERTE
(Francia, 1974)
Dirección e guión: Maurice Pialat. Produción: Lido Films e Films de la Boétie. Fotografía: Néstor Almendros. Intérpretes: Hubert Deschamps, Nathalie Baye. Duración: 85 minutos.
A agonia dunha muller de cincuenta anos, Monique, gravemente enferma de cancro e a influencia deste feito na vida da súa contorna inmediata, o marido e os fillos. Como comenta o escritor cinematográfico Gonzalo de Lucas a obsesión de Pialat por respectar a realidade das cousas remíteo a unha pureza insólita, que enlaza coa orixe do cine mesmo, as vistas Lumière como captura en bruto do real. Intensa e chea de violencia soterrada, tenra e abrupta, estamos ante unha película chea de conversas íntimas, reveladoras, de frustracións, traumas e desarranxos. Como sinalou parte da crítica máis aguda, unha maxistral lectura escura de Ordet de Dreyer onde o núcleo compositivo visual remite ao cadro pictórico.