LA ESCOPETA NACIONAL
Luis García Berlanga, 1978
95’
LA ESCOPETA NACIONAL
(España, 1978)
Dirección: Luis García Berlanga. Guión: Luis García Berlanga e Rafael Azcona. Produción: Alfredo Matas para INCINE. Fotografía: Carlos Suárez. Intérpretes: José Sazatornil “Saza”, Luis Escobar, José Luis López Vázquez, Mónica Randall. Dur.: 95 min.
Peza inaugural dunha afamada triloxía de películas, a saga dos Leguineche, estamos ante unha produtiva comedia de corte sainetesco, doses de esperpento, enxeñoso retrato de grupo, excelente reparto e ben ponderada pericia estilística na que un empresario medio asiste por interese mercantil a unha cacería de poderosos que alegoriza a vida cortesá e o enfrontamento de familias do réxime desaparecido. O pletórico regreso de Berlanga ao cine español, despois do interregno francés de “Tamaño natural”, saldábase con máis de 2 millóns de butacas nas salas.
-
-
Rafael Azcona
LA ESCOPETA NACIONAL
Versión lingüística:VOFormato:35mm.Proxéctase xunto con 'O Carrabouxo' (caps. 17-18) 2'