La Dolce vita
Federico Fellini, 1960
177’. DCP. Subt. castelán.
LA DOLCE VITA
(Italia-Francia, 1959)
Dirección: Federico Fellini. Guión: Federico Fellini, Ennio Flaiano, Tullio Pinelli e Brunello Rondi. Produción: Riama Films e Pathé Consortium Cinéma. Fotografía: Otello Martelli. Intérpretes: Marcello Mastroianni, Anouk Aimée, Anita Ekberg. Duración: 177 min. Marcello (Marcelllo Mastroianni) é un xornalista de sociedade, promesa da literatura, que traballa en Roma, con Vía Veneto como campo de operacións. Un día envíano a recoller a unha estrela de cine ao aeroporto e queda engaiolado con ela. Impresionante fresco social que á maneira de relato fragmentado (a translación ao cine do concepto de antroido), viaxe á fin da noite e road-movie nocturna, supón unha das marcas da modernidade fílmica. Unha moza chea de ciumes e reproches, unha nobre superficial e enfastiada, un pai co que non hai comunicación, burgueses, fotógrafos, artistas, bohemios, industriais, intelectuais, aristócratas, un retrato sen contemplacións das múltiples capas sociais a cargo dun Fellini transgresor dos límites realistas en doce mestura coa súa fantasía inacabable. Aparicións de Laura Betti, Magali Noël, Lex Barker, Alain Cuny, Jacques Sernas e uns mozos Adriano Celentano e Nico. Palma de Ouro en Cannes 1960 e Oscar ao mellor vestiario.