LA CASA DE MI ABUELA
Adán Aliaga, 2006
85´. Presentación do DVD da película coa presenza do seu director e os produtores Ignacio Benedeti e Xosé Zapata. Entrada gratuíta.
LA CASA DE MI ABUELA
(España, 2006)
Dirección, guión e fotografía: Adán Aliaga. Produción: IB Cinema, Videogenic Broadcast e Salto de Eje. Intérpretes: Marina Pastor, Marita Fuentes, Elena Pastor. Duración: 85 minutos.
Marina, unha cativa de 6 anos, impulsiva e irreverente, mantén unha peculiar relación con Marita, a súa avoa de 75. A rancia educación da avoa fai que a nena se rebele en xeral contra todo aquel que intente corrixir o seu comportamento. Reconstrución da vida e dos costumes dunha familia, deixando ao descuberto emocións e conflitos. Premiada no prestixioso Festival de Rotterdam.