LA CASA DE BAMBÚ
Samuel Fuller, 1955
102´. Subtítulos en castelán.
HOUSE OF BAMBOO / LA CASA DE BAMBÚ
(Estados Unidos, 1955)
Dirección: Samuel Fuller. Guión: Harry Kleiner e Samuel Fuller. Produción: Twentieth-Century Fox. Fotografía: Joe MacDonald. Intérpretes: Robert Stack, Robert Ryan, Shirley Yamaguchi. Duración: 102 minutos.
Cando Eddie Spanier chega a Toquio, dous homes acaban de ser asasinados. Un deles é o seu amigo Webber, que morreu tiroteado polos compañeiros dunha banda na que Eddie se vai infiltrar. Para isto, conta coa axuda de Mariko, a viúva de Webber, que se fará pasar pola súa amante. Pronto descóbrese que Eddie non é quen di ser... Secundarios como Cameron Mitchell, Brad Dexter e Sessue Hayakawa arroupan un título que exhibe con fascinación varias constantes fullerianas (conflito racial, vinganza, traizón).