LA BAHÍA DE LOS ÁNGELES
Jacques Demy, 1963
82´. Subtítulos en castelán.
LA BAIE DES ANGES / LA BAHÍA DE LOS ÁNGELES
(Francia, 1963)
Dirección e guión: Jacques Demy. Fotografía: Jean Rabier. Produción: Sud-Pacifique Films. Intérpretes: Jeanne Moreau, Claude Mann, Paul Guers. Duración: 82 minutos.
Jean é caixeiro nun banco. Amigo de Caron, un xogador ao que acompaña no exercicio da súa paixón, Jean coñece nos casinos polos que deambula a Jackie. Non sabe se este namoramento lle traerá sorte... Retrato dunha colectividade singular, observatorio dos síntomas da decadencia moral e aproximación á complexidade dos sentimentos.