Kommunisten; La guerre d'Algérie!; L'Aquarium et la nation;
Jean-Marie Straub, 2014
103'. DCP. Subt. Castelán
Kommunisten
(Francia, Suíza, 2014)
Dirección: Jean-Marie Straub. Textos: Franco Fortini, Friedrich Hölderlin, André Malraux, Elio Vittorini. Fotografía: Robert Alazraki, Renato Berta, Christophe Clavert, William Lubtchansky. Intérpretes: Arnaud Dommerc, Jean-Marie Straub, Gilles Pandel, Barbara Ulrich, Aldo Fruttuosi, Rosalba Curatola. Dur: 70'.
Jean-Marie Straub leva esta musicalidade de bloques ata un paroxismo extremo; mestura bloques de tempo (corenta anos arredan os extractos usados e o que se filmou expresamente), bloques de texto (Malraux, Fortini, Vittorini, Hölderlin) e bloques de linguas (francés, alemán, italiano), e desta lea emerxe a historia do mundo, si, Historia con h maiúsculo, e do mesmo movemento, a esperanza política de ser liberado. Por iso, esta é unha película de aventuras, sobre a aventura da humanidade, aquela que sempre, ao final, é superada pola Natureza. (Arnaud Dommerc, catálogo da Viennale 2014)
La guerre d'Algérie!
(Francia, Suíza, 2014)
Dirección: Jean-Marie Straub. Textos: Jean Sandretto. Fotografía: Christophe Clavert. Intérpretes: Christophe Clavert, Dimitri Haulet. Dur: 2'.
Dous homes e unha pistola verbo dun texto de Jean Sandretto.
L'Aquarium et la nation
(Suíza, Francia, 2015)
Dirección: Jean-Marie Straub. Novela: André Malraux. Fotografía: Christophe Clavert. Intérpretes: Aimé Agnel, Christiane Veschambre. Dur: 31'.
Un acuario, pasaxes de textos de Malraux e a Marsellesa de Jean Renoir evocada. Un filme sobre a alma, a natureza e o cosmos.