![KIDS KIDS](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/cover/public/programacion_799.jpg?itok=a0TaB--X)
KIDS
Larry Clark, 1995
91´. Subtítulos en castelán.
KIDS
(Estados Unidos, 1995)
Dirección: Larry Clark. Guión: Harmony Korine e Larry Clark. Produción: Independent Pictures, Guys Upstairs, Kids NY Limited, Excalibur Films para Miramax Films. Fotografía: Eric Edwards. Intérpretes: Justin Pearce, Joseph Chan, Jonathan Staci Kim, Sarah Henderson. Duración: 91 minutos.
Un día na vida dun grupo de adolescentes en Nova York. Os paseos, a bebida e as drogas, o sexo. Jennie entrega a súa virxindade por amor a Telly, coñecido como o “cirurxián de virxes”, que lle transmite o virus da SIDA. Jennie perségueo por toda a cidade para impedir que o contaxio se propague. Áspero, incisivo, lonxe de moralismos, Clark firma o denominado “Shadows” (reforzado pola súa admiración por Cassavetes) de finais do século XX, descubrindo a personalidade icónica da actriz Chloë Sevigny, musa de narracións alternativas.