Kérity, la casa de los cuentos
Dominique Monféry, 2009
76’. Versión castelá. Entrada de balde.
KÉRITY, LA CASA DE LOS CUENTOS / KÉRITY, LA MAISON DES CONTES
(Francia, 2009)
Dirección: Dominique Monféry. Guión: Anik Leray, Murielle Canta e Alexander Reverend, sobre uha historia de Anik Leray. Produción: Gaumont-Alphanim e Lanterna Magica. Duración: 76 min.
Natanaël fará axiña os sete anos, pero aínda non sabe ler. Cando herda da súa tía Eleonor a máis valiosa colección de contos do mundo, a Natanaël séntalle fatal. No entanto, eses contos inclúen cadanseu segredo marabilloso, xa que cando anoitece, personaxes como Alicia, a malvada bruxa ou ou o Capitán Garfio cobran vida e saen das páxinas dos libros. Estes fantásticos personaxes avisan a Natanaël de que corren un grande perigo: pode que desaparezan para sempre xamais, e con eles as marabillosas historias que protagonizan, que entretiveron os nenos e nenas de todo o mundo xeración tras xeración. Para salvar os seus fantásticos amigos e máis as súas historias, Natanaël terá que enfrontarse a grandes perigos e incribles aventuras. Conseguirá ler a tempo a fórmula máxica que os ha salvar a todos? Bonita historia que subliña con imaxinación e fantasía a importancia da lectura como medio que nos transporta a mundos insospeitados e máxicos. Galardoada no Festival de Cine de Animación de Annecy, é unha colaboración do director Dominique Monfery coa ilustradora Rebecca Dautremer (Princesas olvidadas o desconocidas; Enamorados). A partir de 5 anos. Versión castelá.