![KEN PARK KEN PARK](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/cover/public/programacion_801.jpg?itok=svNgfUJp)
KEN PARK
Larry Clark, 2002
97´. Subtítulos en castelán.
KEN PARK
(Estados Unidos-Francia-Holanda, 2002)
Dirección e fotografía: Larry Clark e Edward Lachman. Guión: Harmony Korine, sobre personaxes e historias de Larry Clark. Produción: Cinea e Kees Kasander Production. Intérpretes: Tiffany Limos, James Ransome, Stephen Jasso. Duración: 97 minutos.
Shawn mantén relacións coa nai da súa moza, Claude pelexa co seu brutal pai, Tate está cheo de rabia no seu cuarto pechado e Peaches asfíxiase coidando dun pai obsesionado por Xesús. Todos eles son amigos que residen en Visalia, un barrio limpo e fermoso de California. Outra das figuras centrais do cine de Clark, a tentativa de expresión dos personaxes delimitada pola presentación dun sexo explícito, preciso e con capacidade de emoción, impregna este título.