KADOSH
Amos Gitai, 1999
110’. Subtítulos en galego
(Israel-Francia-Italia, 1999)
Dirección: Amos Gitai. Guión: Amos Gitai, Eliette Abecassis, Jacky Cukier. Produción: Agav Hafakot, MP Productions, Le Studio Canal+, Mikado Films, RAI. Fotografía: Renato Berta. Intérpretes: Yael Abecassis, Yoram Hattab, Meital Barda, Uri Ran Klauzner, Yussef Abu Warda. Dur.: 110 min.
Terceira parte da triloxía das cidades que se desenvolve en Mea Shearim, o barrio ultraortodoxo de Xerusalén. Meir e Rivka, casados desde hai dez anos, teñen que divorciarse porque non poden ter fillos. A irmá de Rivka, Malka, pola súa banda, está namorada de Yaakov, que decidiu vivir á marxe da comunidade, pero o rabino decide que debe casar co seu axudante Yossef.