
ISPANIJA
Esfir Shub, 1939.
88´. Subtítulos en galego. Entrada gratuíta.
ISPANIJA
(Unión Soviética, 1939)
Dirección: Esfir Shub. Guión: Visevolod Vichnievski. Produtor: N.Zaionts, E. Serguéiev. Produción: Mosfilm. Fotografía: Roman Karmen, Boris Makaseiev. Duración: 88’.
Autora dun filme mítico, a remontaxe a partir da metraxe atopada “A caída da dinastía Romanov” (1927), Esfir Shub artella, apoiada nun virtuoso ritmo e capacidade de combinación de imaxes, unha hábil narración que sintetiza a guerra e a loita da Fronte Popular desde a perspectiva comunista. O guión inicial de Mijail Koltsov e a música de Gavriil Popov a partir de cancións populares españolas axudan á construción doutro título fundamental da época.