THE ISLAND AT THE END OF THE WORLD
Raya Martin, 2004.
109´. Vídeo. Subtítulos en galego.
ANG ISLA SA DULO NG MUNDO / THE ISLAND AT THE END OF THE WORLD
(Filipinas, 2004)
Dirección, guión, produción e fotografía: Raya Martin. Duración: 109 minutos.
O xenio precoz Raya Martin (Manila, 1984) viaxa á illa de Itbayat, do grupo dos Batanes, para rexistrar os costumes dos seus habitantes e a súa vida afastada da civilización moderna. Illados fóra do verán, a cámara dálles a oportunidade de contar as súas historias.