ISABELLE HUPPERT, UNE VIE POUR JOUER
Serge Toubiana, 2001.
52´. Vídeo. Subtítulos en castelán.
ISABELLE HUPPERT, UNE VIE POUR JOUER
(Francia, 2001)
Dirección e guión: Serge Toubiana. Produción: Arte France, MK2 TV. Fotografía: Olivier Raffet. Duración: 52 minutos.
Coñecido escritor cinematográfico francés, colaborador de “Cahiers du cinema”, Serge Toubiana seguiu durante un ano a Isabelle Huppert, axudando a reflexar a súa personalidade partindo dun colage de distintos momentos da súa vida. Estampas da infancia, imaxes de arquivo, entrevistas, impresións persoais, confesións dende o camerino, un revelador retrato que simultáneamente integra o persoal e o profesional, comezando cun berro e concluindo cunha imaxe clarividente do pasado.