
INSEPARABLES
David Cronenberg, 1988
115´. Subtítulos en castelán.
DEAD RINGERS / INSEPARABLES
(Canadá, 1988)
Dirección: David Cronenberg. Guión: David Cronenberg e Norman Snider. Argumento: o libro “Twins” de Bari Wood e Jack Geasland. Produción: Mantle Clinic II, Morgan Crek Productions, Telefilm Canada. Fotografía: Peter Suschitzky. Intérpretes: Jeremy Irons, Genevieve Bujold, Heidi von Palleske, Barbara Gordon, Stephen Lack. Duración: 115 minutos.
Reputados xinecólogos de Toronto, os xemelgos Marcus comparten todo, desde as mulleres ao éxito. A aparición da actriz Claire Niveau nas súas vidas, fai que un deles, Beverly, namore dela e comeza unha espiral de emocións encontradas, que poden desembocar na loucura. A dramática e enfermiza relación dos cismas alma/ corpo, a marca dunha sexualidade sen referencias nin límites ou os corpos como marcas de poder e de identidade noutra das fascinantes historias de Cronenberg, aderezada por uns magníficos Jeremy Irons (por partida dobre) e Genevieve Bujold.