ILUSIONES VISUALES
Marcos Pérez, Oscar Sánchez.
26´. Vídeo. Entrada gratuita.
ILUSIONES VISUALES
(España, 2006)
Dirección: Marcos Pérez e Óscar Sánchez. Guión: Susana Martínez-Conde, Steve Macknik, Luis Martínez, Marcos Pérez e Óscar Sánchez. Produción:Alfonso Blanco e Pepe Coira para Voz Audiovisual. Fotografía: Natalio Lorenzo. Duración: 26 minutos.
As ilusións visuais reflicten as ambigüidades ás que se enfronta a visión humana. Consideradas durante moito tempo como simples erros no xeito en que vemos o mundo, hoxe en día son empregadas polos científicos como ferramenta para comprender os mecanismos da percepción visual. Da man de varios dos máis prestixiosos investigadores da materia, o documental explora o mundo das ilusións visuais e a súa estreita relación con expresións creativas tan diferentes como a pintura, o cine ou a maxia.