
Ilusión
Daniel Castro, 2013
67'. DCP.
ILUSIÓN
(España, 2013)
Dirección e guión: Daniel Castro. Produción: P.C. Tormenta. Fotografía: Eladio Sánchez Agudo. Intérpretes: Daniel Castro, Simona Ferrar; David Trueba, Miguel Rellán. Duración: 67 minutos.
Unha das comedias máis divertidas e feroces dos últimos anos, ou como desentrañar o mundo do cine español, do significado aos modos de acceso. Daniel Castro (1972) interprétase a si mesmo. Está escribindo un guión, un musical sobre os Pactos da Moncloa, que quere vender a unha produtora que tivo tempos mellores, en canto a moza vai cansando do asunto. Rodada cun orzamento mínimo, a medio camiño entre Truffaut e o post-humor; para a lembranza momentos memorables (inclusive un gag á custa de Haneke) e varias cancións delirantes.