I BASILISCHI
Lina Wertmüller, George H. Brown, 1963.
84’. Subtítulos en galego.
I BASILISCHI
(Italia, 1963)
Dirección: Lina Wertmüller, George H. Brown. Guión: Lina Wertmüller. Produción: Lionelo Santi / La Galatea, 22 Dicembre Cinematografica. Fotografía: Gianni di Venanzo. Intérpretes: Luigi Barbieri, Manlio Blois, Flora Carabella, Enrica Chiaromonte, Enzo di Vecchia, Sergio Ferranino, Marisa Omodei, Rosetta Palumbo, Antonio Petruzzi, Mimmina Quirico, Rosanna Santori. Stefano Satta Flores. Dur.: 84 min.
Antonio, o fillo do notario da vila, ten vinte anos e a carreira de dereito colgada. Pouco se pode facer na vila se non é pasear e divagar en compañía dos amigos. Cando ten a oportunidade de mudarse a Roma é demasiado tarde, a desidia xa se apoderou del.