
Vai chover
Vai chover
Ana María Risco Bóveda, María Concepción Bóveda Gómez, Félix Risco Bóveda, Eduardo Risco Bóveda, Agapito Diéguez Estévez, María Dolores Estévez Rodríguez
- 27 minutos
Nunha antiga caixa de puros habanos hai numerosos textos en papeis vellos. Moitos deles detrás de papeletas franquistas. Son do avó do director. Deullos a súa nai, ela xa os transcribira ao ordenador.
O director reavívaos. Comeza a preguntar por estes textos e as lembranzas que os rodean.
Pero hai partes do pasado que xa non se poden retratar.
- Ano:2016
- Países de produción: España
- Fotografía: Santiago D. Risco
- Montaxe: Santiago D. Risco
- Produtora(s): Colibri Studio
Nota do director
Santiago D. Risco
Os textos que orixinaron esta curtametraxe envioumos a miña nai un día por correo electrónico. Intereseime por eles, ela explicoume de onde saían. Unha das veces que puiden volver á miña cidade de orixe, Ourense, ensinoume a caixa de puros habanos que os contiña. Deixoume quedarma. Ao lelos, xurdíronme moitas preguntas sobre o meu avó e os seus textos. Como cando os puido escribir, en que traballaba entón, se coñecía xa á miña avoa ou non. Pero as preguntas que me xurdiron ao final de todo eran diferentes: por que me interesaba tanto por estes textos?, estaban pensados para lerse ou só gardarse e esquecerse?, por que a miña nai comezou a transcribilos cando os descubriu? Entón decidín volver e axudala dalgún modo para recuperar e manter a memoria deses textos e quen os rodea. Pois, creo, quizais é unha maneira de enfrontarse a unha choiva que, quéirase ou non, vai chegar.