HEAVEN AND EARTH MAGIC FEATURE
Harry Smith, 1961
66´.
HEAVEN AND EARTH MAGIC FEATURE
(Estados Unidos, 1961)
Dirección, guión e produción: Harry Smith. Duración: 66 minutos.
Auténtica épica animada produto de cinco anos de traballo que propón un percorrido máxico e macabro sen comezo nin fin, sen coordenadas espaciais nin regras. A primeira parte amosa a dor de moas da heroína logo da perda dunha sandía moi cara, a súa odontoloxía e o seu transporte ao ceo. Despois segue unha exposición elaborada da terra celestial en termos de Israel; a segunda parte representa o regreso á terra de ter sido comida por Max Muller no día que Eduardo o sétimo dedicou ao Gran Sumidoiro de Londres. Todo isto e máis nunha proba do microcosmos propio, planeta brillante e orixinal, que encarnou o seu autor.