HARLAN COUNTY, USA
Barbara Kopple, 1976.
103’. Subtítulos en galego. Documental
HARLAN COUNTY, USA
(Estados Unidos, 1976)
Dirección e guión: Barbara Kopple. Produción: Barbara Kopple / Cabin Creek Films. Fotografía: Hart Perry, Kevin Keating, Phil Parmet, Flip McCarthy, Tom Hurwitz. Dur.: 103 min.
Crónica documental sobre unha folga de mineiros en Harlan County, Kentucky. “Unha película emocional (…) que era capaz de facer compartir a case calquera a nobreza da causa pola que estes homes e mulleres loitaban” (María Luisa Ortega). Óscar ao mellor documental en 1977.