GRUPO SALVAJE
Sam Peckinpah, 1969
145´. Subtítulos en castelán.
THE WILD BUNCH / GRUPO SALVAJE (Estados Unidos, 1969) Dirección: Sam Peckinpah. Guión: Walon Green e Sam Peckinpah. Fotografía: Lucien Ballard. Produción: Warner Brothers e Seven Arts. Intérpretes: William Holden, Robert Ryan, Ernest Borgnine, Edmond O´Brien, Warren Oates, Ben Johnson. Duración: 145 minutos. Logo dun atraco fracasado, a banda de Pike Bishop sofre unha persecución sen tregua por parte de Deke Thornton, amigo en tempos de Pike. Foxen ao México revolucionario, onde atopan o grotesco e brutal xeneral progobernamental Mapache. Cheos de malestar, aceptan a proposta de Mapache de roubar armas ao exército estadounidense. Ruptura definitiva na Historia do cinema e do western cunha inesquecible catarse en forma de masacre, unha creativa composición visual, un magma a modo de espello existencial condimentado por un sabio reparto que recuperaba a un maxestuoso William Holden.