GLOBAL METAL
Sam Dunn e Scott McFadyen, 2007.
93´. Subtítulos en galego.
GLOBAL METAL
(Canadá, 2007)
Dirección e guión: Sam Dunn e Scott McFadyen. Produción: Banger Produtions Film. Fotografía: Martin Hawkes. Intérpretes: Metallica, Iron Maiden, Sepultura. Duración: 93 minutos.
Metaleiros, sociólogos e cineastas, Dunn e McFadyen volven ao heavy metal intentando agora explicar o seu proceso de globalización. Co subtítulo de “Sete países, tres relixións, unha tribo”, tras “Metal: A Headbanger’s Journey”, transitamos pola adaptación á música e os seus ritos aos diferentes climas, nacións e xentes. De Monterrey a Brasil pasando por Israel, Marrocos ou Moscova (cos filofascistas e racistas fabricantes de metal extremo “Korrozia Metalla”), un apaixonante percorrido polas variedades de metal.