GERTRUD
Carl Theodor Dreyer, 1964.
115´. Subtítulos en castelán.
GERTRUD (Dinamarca, 1964) Dirección e guión: Carl Theodor Dreyer. Produción: Palladium Film. Fotografía: Henning Bendtsen. Intérpretes: Nina Pens Rode, Bendt Rothe, Ebbe Rode. Duración: 115 minutos. Gertrud é unha muller de forte personalidade que busca o amor auténtico. Non se contenta con ser simple obxecto do desexo ou repouso do guerreiro. Alucinante relato que deixa o espectador en estado de conmoción, impregnado dunha atmosfera fúnebre e que clausura a traxectoria do cineasta autor de obras mestras como “La pasión y muerte de Juana de Arco” (1928), “Dies Irae” (1943) e “Ordet” (1955).