
Dorothé na vila
- 85 minutos
A musicóloga suíza Dorothé Schubarth chegou a Galicia a finais dos anos 70 na procura dos cantos antigos que desapareceran no centro de Europa. Desta busca saíron as 300 horas de gravacións que conforman o Cancioneiro Popular Galego, a maior compilación de músicas tradicionais do país. Corenta anos despois, dúas mozas inician unha viaxe tras os pasos de Schubarth para atopar as voces que ela recolleu e descubrir as súas historias de vida. Con montaxe de Lucía Estévez, un documental nominado aos Mestre Mateo.
-
Off Galicia
Dorothé na vila
Versión lingüística:VOFormato:HDPresentación e coloquio cos autores. Entrada de balde.
-
- Ano:2020
- Países de produción: España
- Guión: Alejandro Gándara, Olaia Tubío
- Fotografía: Rubén Gasalla, Olaia Tubío
- Montaxe: Lucía Estévez
- Produtora(s): Alejandro Gándara, Olaia Tubío