Gegenwart
Thomas Heise, 2012
65’. Vídeo. Subt. Galego.
GEGENWART / CONSEQUENCE
(Alemaña, 2012)
Dirección e guión: Thomas Heise. Produción: Blinker Filmproduktion e WDR. Fotografía: Robert Nickolaus. Duración: 65 minutos.
Rexistro dos esgotadores días que se suceden entre Noiteboa e Aninovo nun pequeno crematorio que nunca pecha. No establecemento garántese o tratamento dos corpos en tres días, o que permite ás funerarias planificar mellor o seu traballo. En imaxes mudas, Consequence relata non só o que nos pasa a todos, senón a incidencia capitalista en todos os ámbitos da vida. Presentes nos certames de Roma 2012 e Rotterdam 2013.