GATES OF HEAVEN
Errol Morris, 1978
85’. Vídeo. Subtítulos en galego.
GATES OF HEAVEN
(Estados Unidos, 1978)
Dirección e guión: Errol Morris. Fotografía: Ned Burgess. Produción: George Paul “Duke” Csicsery, Errol Morris Films. Dur.: 85 min.
A existencia de dous cemiterios de animais en California, un con modernas estratexias de marketing, orixina unha sonora reflexión a varias voces sobre as mutacións e percepcións do soño americano. Un filme atípico e de culto que levou ao cineasta alemán Werner Herzog, amigo de Morris, a comer un zapato ante as cámaras despois de perder a aposta pola que advertira da imposibilidade de facer algo parecido.