
GALIZA EN VENEZUELA
Xurxo Martínez Crespo, 2007
44´. Vídeo. Entrada gratuíta.
GALIZA EN VENEZUELA
(España, 2007)
Coordinación: Xurxo Martínez Crespo, Manuel Mera e Antolín Alcántara. Produción: FESGA, coa colaboración da CIG e a Xunta de Galicia. Fotografía e realización: Roi Ribeira e César Caramés. Duración: 44 minutos.
Rescate da historia esquecida dos exiliados que desde o remate da guerra civil española chegaron a Venezuela. Testemuñas de descoñecidos e fillos do exilio. Música de Zenzar, Los Tamara, Miro Casabella e Luar na Lubre, entre outros.