Off Galicia: Seném Outeiro
78'. Vídeo. Presentación ao coidado do seu autor. Entrada de balde.
24
(España, 2010)
Dirección e guión: Seném Outeiro. Produción: Filmika Galaika. Fotografía: Berto Palacios. Intérpretes: Moncho Bazarra, Antía Otero, Manolo González. Duración: 28 minutos.
Nemse é un cineasta mozo moi inquedo que revela ao seu amigo Milo un reto técnico complexo: xuntar a un equipo de rodaxe para tratar de concretar a filmación dos primeiros 24 segundos do minuto 24 de cada unha das 24 horas que conforman un día 24 do mes. Neste desafío filmaríanse elementos dispersos por toda a cidade que se caracterizan polo seu movemento cíclico infinito ou cun período de longa duración. A Milo gústalle a idea e suxírelle falar con Levi, unha produtora que podería estar interesada no proxecto. Conseguirá Nemse o seu obxectivo?
O ESPÍRITO DAS TRINCADEIRAS
(España, 2010)
Dirección e guión: Seném Outeiro. Produción: Filmika Galaika. Fotografía: Roi Carballido. Duración: 48 minutos.
As Trincadeiras é un movemento en defensa do territorio. Un grupo de veciños de Goián enfróntase de xeito pacífico ao espolio das súas terras e á alteración da paisaxe da contorna. Memoria, testemuño, historia, comunidade, progreso, tradición, identidade, emerxen desta exploración documental.
OPHIUSA
(España, 2011)
Dirección e guión: Seném Outeiro. Produción: Seném Outeiro e Roi Carballido. Fotografía: Roi Carballido. Duración: 2 minutos.
Peza de vídeoarte. O azar da natureza, un cruce entre unha experiencia de arte aleatoria e un experimento biolóxico. A música do vento percute no carillón de Madeira pendurado das ponlas dun Carballo maxestoso situado nunha chaira perdida. Eis o resultado.