
FURTIVOS
José Luis Borau, 1975
99'
FURTIVOS
(España, 1975)
Dirección: José Luis Borau. Guión: Manuel Gutiérrez Aragón e José Luis Borau. Produción: El Imán. Fotografía: Luis Cuadrado. Intérpretes: Ovidi Montllor, Lola Gaos, Alicia Sánchez, Ismael Merlo, José Luis Borau. Dur.: 99 min.
Un dos maiores éxitos da cinematografía nacional, 3 millóns e medio de espectadores nas salas, contemplan esta disección implacable e metafórica da España máis negra e rancia desde unha estrutura ben medida de relato tradicional. Conto de fadas ao revés inspirado nunha imaxe, o cadro de Goya “Saturno devorando os seus fillos”, estréase de forma desafiante (e exitosa) sen licencia oficial ao rexeitar Borau os preto de 30 cortes propostos polas autoridades e gañar a Cuncha de Ouro en San Sebastián.