FRANK STEIN
Iván Zulueta, 1972
3´. Entrada gratuíta.
FRANK STEIN
(España, 1972)
Dirección e guión: Iván Zulueta. Produción: El Imán. Fotografía (operador de truca): Julián Hurtado. Duración: 3 minutos.
Tamén precoz na tradición da metraxe apropiada, a apropiación de formas alleas (imaxes) para outorgarlles un novo sentido, Iván Zulueta fai unha refilmación do “Frankenstein” de James Whale que inclúe conxelación de imaxes. Producido por José Luis Borau, que xa organizara a posta a punto de Zulueta na longametraxe co insólito musical “Un, dos, tres, al escondite inglés” (1969).