FRÁGILES
Jaume Balagueró, 2005.
99’. Subtítulos en castelán.
FRÁGILES
(España-Gran Bretaña, 2005)
Dirección: Jaume Balagueró. Guión: Jaume Balagueró, Jordi Galcerán. Produtor: Julio Fernández. Produción: Castelao Productions, Just Films, Future Films Ltd (Gran Bretaña). Fotografía: Xavi Giménez. Intérpretes: Calista Flockhart, Richard Roxburgh, Elena Anaya, Gemma Jones, Yasmin Murphy. Duración: 99 minutos.
O hospital infantil de Mercy Falls está a piques de pechar as súas portas logo dun século de funcionamento. Amy, enfermeira norteamericana, chega a Mercy Falls para cubrir a quenda de noite mentres evacúan aos últimos rapaces. Axiña detecta algo estraño no hospital. Os rapaces están asustados, falan de algo intanxible, cheo de dor e odio. Algo ao que os cativos chaman a rapaza mecánica. Premio Goya aos mellores efectos especiais.