
Frágil como o mundo
Rita Azevedo Gomes, 2002
90'. 35mm. Subt. Castelán. Presentación, copia cortesia de Cinemateca Portuguesa
Frágil como o mundo
(Portugal, 2002)
Direccióne guión: Rita Azevedo Gomes. Fotografía: Acácio de Almeida. Intérpretes: Maria Gonçalves, Bruno Terra, Sophie Balabanian, Manuela de Freitas, João Bénard da Costa. Dur.: 90 min.
Un amor imposible. Dous mozos que se aman. Vera e João non encontran espazo nin tempo, nin identidade que, nesta vida, poida resolver ese amor. Aparentemente todo lles é beneficioso: as respectivas familias, os amigos e a terra onde viven... O desexo de estaren xuntos obrígaos, nunha especie de xogo infantil, a fuxiren dos amigos, a fuxiren de casa, das persoas e do mundo. Illados nun bosque, afástanse de todo. Fan un pacto de nunca se separaren, "por nada deste mundo". Un co outro, un para o outro, son capaces de todo. Mais... Vera enfraquece e acaba por adoecer. Se el non a pode deixar "por nada deste mundo", tampouco pode deixar de querer pedir axuda. A fe inquebrantable no seu amor está a piques de se estragar...