FORCE OF EVIL
Abraham Polonsky, 1948.
78´. Subtítulos en galego.
FORCE OF EVIL / [A FORZA DO MAL]
(Estados Unidos, 1948)
Dirección: Abraham Polonsky. Guión: Abraham Polonsky e Ira Wolfert, sobre a novela “Tucker´s People” de Ira Wolfert. Produción: Roberts Productions. Fotografía: George Barnes. Intérpretes: John Garfield, Thomas Gómez, Marie Windsor. Duración: 78 minutos.
O avogado Joe Morse pretende fusionar e consolidar todos os pequenos corredores de apostas ilegais mediante unha gran operación. O seu irmán é un deses corredores de pouca monta e está en contra do cambio, porque prefire non relacionarse cos gángsters que dominan o negocio. A primeira das tres películas do blacklisted Abraham Polonsky (1910-1999) é un thriller preciso, de potente carga poética e algunhas suxestivas alusións bíblicas.