
FIRE IN THE WATER
Peter Whitehead, 1977
90´. Vídeo. Subtítulos en galego.
FIRE IN THE WATER
(Gran Bretaña, 1977)
Dirección e fotografía: Peter Whitehead. Guión: Marc Sursock e Peter Whitehead. Produción: Marc Sursock. Intérpretes: Nathalie Delon, David Hockney, Edouard Niermans, Allen Ginsberg. Duración: 90 minutos.
Un cineasta e a súa moza viaxan polas Highlands escocesas para filmar un documental que exceda os canons cinematográficos establecidos. As imaxes da muller deambulando polas terras mestúranse con lecturas multitudinarias de David Hockney e Allen Ginsberg. O filme emprega música de Pink Floyd, The Who, The Animals, Jimi Hendrix e tamén o “The End” de The Doors (antes de “Apocalypse now”).