
El hotel a orillas del río
Gangbyeon hotel
Ki Joobong, Kim Minhee, Song Seonmi, Kwon Haehyo, Yu Junsang, Park Ran, Shin Seokho
- 96 minutos
Un poeta que se hospeda nun hotel á beira dun río convoca os dous fillos cos que non se reúne desde hai tempo. Esta súbita decisión parece estar motivada pola súa estraña impresión de que vai morrer en calquera momento. Mentres a familia tenta poñerse ao día, unha moza que foi enganada pola parella múdase ao hotel. Sumidos na desesperación, unha repentina nevada mestura ambas as historias.
Un hotel e unha impoñente paisaxe nevada -rodada en luminoso branco e negro- son os elementos cos que Hong Sangsoo tece unha especie de conto moral sobre a vida e a morte nunha das películas máis serenas e reflexivas do director coreano. Hong Sangsoo continúa subvertendo as normas da narración temporal -aínda que aquí traballe cunha clásica estrutura en tres actos-, con variacións practicamente imperceptibles e xogos de ensaio e erro, para conseguir unha obra cargada de emoción poética que foxe como poucas á explicación reducionista.
Mellor Actor no Festival de Locarno e premios á Mellor Película, Mellor Guión e Mellor Actor no Festival Internacional de Cine de Xixón.
- Ano:2018
- Países de produción: Corea do Sur
- Guión: Hong Sangsoo
- Fotografía: Kim Hyungkoo
- Montaxe: Son Yeonji
- Produtora(s): Jeonwonsa Film Co.