![Xinetes na tormenta](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/large/public/xinetes.png?itok=FNlNUifD)
Xinetes na tormenta
Xinetes na tormenta
- 15 minutos
Suso vai ir de mariñeiro ao Gran Sol por primeira vez. Pretende aforrar para poder comprar unha guitarra eléctrica. As tensións entre os mariñeiros, tras horas de duro traballo, comezan a ocasionar problemas a bordo do barco de baixura no que traballa. Adaptación do relato homónimo de Manuel Rivas.
-
Produción galega
Xinetes na tormenta
Inútil
Versión lingüística:VOFormato:VídeoEntrada gratuíta.
- Ano:2001
- Países de produción: España
Xinetas da tormenta, a película
Salvador Castro Otero
A idea de trasladar ao cine este relato pertence por enteiro ao director, que levaba tempo coa idea de rodar unha historia propia de mariñeiros e, ao ler o conto, viu nel a oportunidade que estaba a buscar. Púxose en contacto co autor quen deu todo tipo de facilidades para realizar este proxecto. [...]
O director mantén os temas principais do relato de Rivas: o amor e o alcoholismo, logrando, na nosa opinión, unha intensidade maior. Tamén intenta describir a dureza da vida no mar, se ben se centra no que acontece no barco e elimina toda referencia á terra. En cambio, o proceso de aprendizaxe de Suso (o mozo anónimo do conto ten agora nome), pasa a ter unha maior forza pois vemos como fere as mans por non usar guantes, como non sabe enrolar un cabo, etc. [...]
Outra novidade atopámola na descrición das supersticións. Ao rapaz díselle que, ademais de non poder asubiar, de non poder subir a bordo sen pagar ás prostitutas, non pode falar de serpes nin de raposos, nin de curas nin de monxas, pois trae mala sorte. Os mariñeiros galegos empregan eufemismos como “xachedixen” ou “xamentendes” ou simplemente o “xames” para referirse ao sacerdote. [...]
A película destaca pola amplitude de recursos estilísticos. [...] o cambio máis importante na reescritura fílmica de Llovo atopámolo no narrador. O narrador homodiexético do conto é substituído por un narrador heterodiexético na curtametraxe. Este narrador omnisciente válese dos planos detalle, especialmente os referidos ao cadro e á ferrada do viño que acaba por se verter, e dos primeiros planos do rostro de Bou e Andión para expresar a intensidade emocional. Pero onde o narrador se expresa con maior acerto é na iluminación do rostro de Andión no momento cume do filme.
Tirado de O lapis da luz: reescrituras de Manuel Rivas no Cine, de Salvador Castro Otero (Vía Láctea, Fundación Wenceslao Fernández Flórez, 2018)