Women Make Film (e 7)
- 120 minutos
Unha serie dirixida por Mark Cousins e que para a súa proxección no CGAI se divide en sete partes de dúas horas cada unha. Conformada internamente por un total de 40 capítulos ou epígrafes, a serie recompila un milleiro de fragmentos de filmes realizados por mulleres. Esta sétima e última entrega da serie recolle os capítulos comprendidos entre o 36 e o 40, e atende estes aspectos: o sentido da vida; amor; morte; finais; música e danza.
- Ano:2018
- Países de produción: Reino Unido
- Guión: Mark Cousins
- Montaxe: Timo Langer
- Produtora(s): Dogwoof Digital, Hopscotch Films