
Trote
María Vázquez, Diego Anido, Celso Bugallo, Tamara Canosa, Melania Cruz
- 83 minutos
Filla de. Irmá de. Carme vive nunha aldea das montañas do interior de Galicia onda o seu pai Ramón, co que apenas se comunica, e a nai enferma. Traballa nunha panadería e precisa escapar dese ambiente opresivo, mais as circunstancias sempre lle impediron dar o paso. Trotar. Fuxir. Trote transcorre durante a fin de semana en que se celebra a Rapa das Bestas, a loita ancestral do home e do cabalo. A aldea comeza a prepararse para a festa. Luis, o seu irmán máis vello, volve á casa familiar por uns días coa súa parella María. Trote é a loita entre o home e o cabalo, entre a razón e o instinto. Primeira longametraxe de Xacio Baño, presentada nos festivais de Locarno e San Sebastián, un rigoroso retrato do mundo rural cheo de poderosas imaxes.
-
Fóra de serie
Trote
Presentación libro "A foresta e as árbores" con M. Ledo, J.L. Castro e F.Castro. Entrada gratis
-
Cineclube Pontevedra
Trote
- Ano:2018
- Países de produción: España, Francia, Lituania
- Guión: Xacio Baño, Diego Ameixeiras
- Fotografía: Lucía G. Pan
- Montaxe: Xacio Baño, Álvaro Gago
- Produtora(s): Frida Films, Ciobreliani, M Films