Trinta lumes
Trinta lumes
Alba Arias, Samuel Vilariño
- 80 minutos
A superstición e a tradición atópanse de fronte en Trinta lumes, unha historia que transcorre nunha pequena aldea de Galicia na serra do Courel (Lugo), onde, aínda hoxe, as súas xentes conviven co envite directo da natureza, o duro inverno, o despoboamento e o esquecemento, mais tamén cunha crenza moi forte: a morte non é unha fin, senón unha transición.
En medio destas paraxes hipnóticas, aparece Alba, unha cativa de trece anos que quere descubrir a parte descoñecida, misteriosa e fascinante da morte, que coma moitos outros adolescentes, quere comprender aquilo que a rodea, mais que non se revela de forma evidente. Xunto co seu mellor amigo, Samuel, entra nas casas abandonadas, percorre vilas destruídas e introdúcese no interior dunhas montañas que agochan quizais outro mundo paralelo.
- Ano:2017
- Países de produción: España
- Guión: Diana Toucedo
- Fotografía: Lara Vilanova
- Montaxe: Ana Pfaff, Diana Toucedo
- Produtora(s): Lasoga Films
-
Diana Toucedo y la montaña mágica
Entrevista con Philipp Engel en Fotogramas.
-
El cine invisible de Diana Toucedo
Crítica de Luis Martínez en El Mundo.
Trailer do filme
Versión orixinal
Sobre o filme
Diana Toucedo
Ás veces o que nos rodea de forma invisible é máis poderoso que o visible. Aquilo que emana da natureza, da terra, ou mesmo o que en moitos momentos se move co aire, pode producirnos sensacións e inclusive recordos de presenzas, de tempos pasados, de aromas, emocións… que non vemos, mais xustamente sentimos. Nesta película quixen indagar xusto na nosa gran capacidade para sentir aquilo que non captamos coa ollada, mais si cos demais sentidos.