
Tirad sobre el pianista
Tirez sur le pianiste
Charles Aznavour, Marie Dubois, Nicole Berger
- 81 minutos
Na súa segunda longametraxe, Truffaut adapta e subverte unha novela negra de David Goodis, un xénero de literatura (na súa modalidade estadounidense) que tanto o apaixonara. Truffaut escolle o músico Charles Aznavour, cativado pola súa interpretación en La cabeza contra la pared de Georges Franju. A historia de Charlie Kohler, antigamente gran concertista de piano, agora pianista nun popular cabaré dunha cidade. Charlie mantén en segredo o seu misterioso pasado, aínda que, de socato, aparece un dos irmáns pedíndolle axuda, algo que enturba os seus desexos de pasar desapercibido.
- Ano:1960
- Países de produción: Francia
- Guión: François Truffaut, Marcel Moussy; novela de David Goodis "Down There"
- Fotografía: Raoul Coutard
- Montaxe: Cécile Decugis, Claudine Bouché
- Produtora(s): Les Films de la Pléiade, Pierre Braunberger