
Stop Making Sense
David Byrne, Bernie Worrell, Alex Weir
- 88 minutos
Filme documental cunha innovadora aproximación a un concerto que The Talking Heads deron en 1983, na súa xira do álbum Speaking in Tongues. O líder da banda, David Byrne, referíase despois á película nestes termos: “A habilidade de Jonathan foi ver o concerto case como se dunha obra de teatro se tratara, presentando os distintos personaxes e as súas rarezas aos espectadores. Así acabas por coñecer os membros do grupo como as persoas que son, cada un coas súas singularidades. Fanse amigos teus, por así dicilo”.
- Ano:1984
- Países de produción: Estados Unidos
- Guión: Jonathan Demme, The Talking Heads
- Fotografía: Jordan Cronenweth
-
Jonathan Demme's 'Stop Making Sense' Is the Past, Present, and Future of Concert Films
Artigo de Andrea Domanick en Noisey
Trailer do filme
Versión orixinal