
Sole
Barbara Ronchi, Claudio Segaluscio
- 102 minutos
Primeira longametraxe de Carlo Sironi. A historia de Ermanno, un mozo xogador que comete pequenos delitos. Lena é unha rapaza polaca embarazada de sete meses que chega a Italia desde Polonia para dar en adopción o seu bebé en troca de cartos. A misión de Ermanno é vixiar a Lena e coidar dela durante a súa estadía en Italia. Despois, unha vez que naza a nena, deberá recoñecela como pai e dárllela en adopción aos seus tíos. Premio Discovery 2020.
- Ano:2019
- Países de produción: Italia, Polonia
- Guión: Carlo Sironi, Giulia Moriggi, Antonio Manca
- Fotografía: Gergely Pohárnok
- Produtora(s): Kino Produzioni, Lava Films, Polski Instytut Sztuki Filmowej