
Short Films: 1975 (Parts 1-10)
- 37 minutos
Esta é unha serie de dez películas, á mantenta, sen título, separadas entre elas por varios pés de cola negra. Como me gustaría que se puidesen identificar individualmente, fornézovos os planos iniciais e finais de cada unha:
n.º 1: comeza coa cara dun neno en negativo azul e remata co plano dun ollo.
n.º 2: comeza con neve no vento, remata cunha lámpada de pé e luces da cidade.
n.º 3: comeza cunha paisaxe/atardecer na néboa, remata co peitoril dunha ventá.
n.º 4: comeza cun cuarto de baño con azulexos verdes, acaba coa imaxe dourada nun espello dun cameraman.
n.º 5: comeza coa parte traseira do asento dun avión, acaba con trazos horizontais de luz intensa.
n.º 6: comeza con luz marrón a través dun cristal de seixo, remata coa mecha dunha candea ardendo e rodeada de zarrapicadas douradas fervendo.
n.º 7: comeza cun mapache en luz rosada, acaba co rostro dun neno esvaecéndose.
n.º 8: comeza cun poste de luz branco, follas verdes de árbore e unha ventá, e remata coa luz pestanexante dunha ventá reflectíndose na parede marrón dun cuarto de motel.
n.º 9: comeza con rochas, o toro dunha árbore e plantas nun escintileo lumínico, remata cunha escena boscosa verde e dourada.
n.º 10: comeza co flash dun “lóstrego” gravado sobre a película, acaba cunha mancha móbil, a pantalla que se pecha cun fundido.
(Stan Brakhage)
___________________________
Retrato de Stan Brakhage por Kai Sibley (cortesía de Marilyn Brakhage).
-
Desencadres
Aquarien
Sol
Flight
Hym to Her
Clancy
Short Films: 1975 (Parts 1-10)
Stan Brakhage (39). Entrada de balde.
-
Desencadres: Stan Brakhage
Presentación do libro YO.... DURMIENDO (UN DIARIO DE SUEÑOS Y EXPLICACIONES ENTRE PARÉNTESIS)
Short Films: 1975 (Parts 1-10)
Nightmare Series
Versión lingüística:VOFormato:16mm.Coa participación de Pablo Marín (tradutor) e Francisco Algarín Navarro (editor). Entrada gratis.
- Ano:1975
- Países de produción: Estados Unidos
- Produtora(s): Stan Brakhage