Sesión de curtametraxes galegas
- 77 min.
Escolma de curtametraxes que amosan a diversidade e a riqueza do cinema galego en formato curto producido en paralelo á evolución de A Cuarta Parede. A selección inclúe Paris #1 (2008), de Óliver Laxe, unha peza seminal que precedeu a creación desta cabeceira e simboliza a transición cara ao Novo Cinema Galego; Montaña en sombra (2012), de Lois Patiño, cuxos primeiros traballos contribuíron a abrir novas formas de mirar e narrar Galicia; Montañas ardientes que vomitan fuego (2016), da dupla de realizadores Helena Girón e Samuel Delgado, responsables dunha das filmografías experimentais máis sólidas e estimulantes da cinematografía galega, así como propostas máis recentes de autoras como Antía Carreira, con Formigón (2021), e Marta Valverde, con 30’ 70 60 120’ (2022), que continúan ampliando os límites do cinema contemporáneo galego e dando voz ás preocupacións das xeracións Z e millennial. Esta selección permite trazar unha liña temporal que ilustra a evolución estilística, narrativa e conceptual do cinema galego ao longo destes quince anos. A sesión estará moderada por Jesús Silva, director de A Cuarta Parede, e contará coa participación de varias das cineastas programadas.
-
Despedida A Cuarta Parede: quince anos de crítica de cinema en galego
Sesión de curtametraxes galegas
Versión lingüística:VOFormato:DCPPresenta: Jesús Silva. Entrada de balde.
-
A cuestión da identidade no Novo Cinema Galego
Iván Villarmea (A Cuarta Parede)
-
Sobre a obra paisaxística de Lois Patiño
Horacio Muñoz (A Cuarta Parede)
-
Helena Girón: “Non queríamos facer un filme historicista, senón máis ben evocar a idea dun pasado”
Miguel Gómez Abad (A Cuarta Parede)
-
Curtocircuíto 2021: Planeta GZ, reciclaxe fílmica [con crítica de ‘Formigón’]
Pablo Aguilar Martín (A Cuarta Parede)
O audiovisual dos millennials galegos [ensaio audiovisual]
Marta Valverde (A Cuarta Parede)



