Rizi (Days)
Anong Houngheuangsy, Lee Kang-sheng
- 127 minutos
Kang vive só nunha casa grande. A través das xanelas, mira cara as árbores golpeadas polo vento e a chuvia. Padece unha dor de orixe descoñecida que non pode soportar e que lle afecta a todo o corpo. Non vive nun pequeno apartamento en Bangkok onde prepara pratos tradicionais do seu pobo natal. Kang e Non cadran nun cuarto de hotel e comparten a súa soidade. Hipnose e beleza plástica para o último filme do mítico Tsai Ming-liang, que pasou pola Berlinale 2020.
- Ano:2020
- Países de produción: Taiwán
- Guión: Tsai Ming-liang
- Fotografía: Chang Jhong-yuan
- Produtora(s): Homegreen Films, arte, Public Television Service Taiwan