
The Rise of the Synths
- 82 minutos
Unha viaxe no tempo –e polo espazo: percorre varios países e tradicións–que indaga de modo coral nas raíces da escena musical coñecida como Synthwave. Unha mestura de música electrónica moderna coa nostalxia pola cultura pop dos 80, as bandas sonoras de películas, series e videoxogos desa década. Narrada polo lexendario John Carpenter, cineasta e músico máximo referente dos compositores da escena, mestre dos sintetizadores e da creación de atmosferas, este filme proxecta tempo pasado e música; procesos creativos e referencias culturais; reapropiación e creación lexítima; mesmo anonimato e sentimento comunitario. Unha pregunta paira sobre o filme de Iván Castell: estamos perante un revival pasaxeiro –de Drive a Stranger Things– ou ante un fenómeno cultural en auxe?
-
Fanzine Festival: FPS-BPM
Uncanny Valley
Campo
Si tú lo ves
The Rise of the Synths
Presentación. Entrada de balde.[Reserva de entradas: https://fanzinefest.com/]
- Ano:2019
- Países de produción: España, Estados Unidos
- Guión: Iván Castell
- Fotografía: Beltrán García Valiente e Adrián Barcelona
- Montaxe: Iván Castell
- Produtora(s): Castell & Moreno Films, 9am Media Lab