Fanzine Festival: FPS-BPM
Do 2 de decembro de 2020 ao 3 de decembro de 2020
Fanzine Fest, no seu obxectivo fundacional de propiciar a difusión, coñecemento e expansión da música electrónica e a súa contorna cultural, esténdese nesta sexta edición ao campo audiovisual. Nesta nova sección que inauguramos no CGAI habemos facer un percorrido por diferentes ámbitos en que a música electrónica e a experimentación sonora se hibridan coa creación de vangarda audiovisual.
Documental, videoclip, performance ou videoarte formarán parte desta sesión inaugural de Fancine FPS-BPM onde artistas galegos da traxectoria de Berio Molina ou Félix Fernández amosarán a súa particular relación coa música e co son. Ademais queremos que este novo espazo do festival sexa unha ventá para estreas como a do novo videoclip de Rayotaser de Jairo Moreno, que teremos a sorte de presentar en primicia. Para rematarmos, contaremos coa aclamada longametraxe documental The Rise of the Synths de Ivan Castell na que faremos unha viaxe alucinante polo movemento SynthWave.
No noso afán de achegármonos a cultura electrónica ao público, os directores participarán nun debate moderado polos programadores ao final da sesión.
Programación: Juan Lesta e María Núñez.