![Rhayne Vermette: curtametraxes](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/large/public/0002_full-of-fire_0.jpg?itok=tTeOzay9)
Rhayne Vermette: curtametraxes
- 60 min.
UFO
Rhayne Vermette | 2016 | Canadá | 16 mm a HD | 2 min
TRICKS ARE FOR KIDDO
Rhayne Vermette | 2012 | Canadá | 16 mm a HD | 2 min
EXTRAITS D’UNE FAMILLE
Rhayne Vermette | 2015 | Canadá | Super 8 a HD | 7 min
LES CHÂSSIS DE LOURDES
Rhayne Vermette | 2016 | Canadá | 16 mm a HD | 18 min
J. WERIER
Rhayne Vermette | 2012 | Canadá | 16 mm a HD | 4 min
FULL OF FIRE
Rhayne Vermette | 2013 | Canadá | 16 mm a HD | 2 min
BLACK RECTANGLE
Rhayne Vermette | 2014 | Canadá | 16 mm a HD | 2 min
TURIN
Rhayne Vermette | 2015 | Canadá | 16 mm a HD | 7 min
DOMUS
Rhayne Vermette | 2017 | Canadá | 16 mm a HD | 15 min
- Ano:2012-2017
- Países de produción: Canadá
Comentarios á sesión
Rhayne Vermette
U.F.O.
Rhayne Vermette | 2016 | Canadá | 16 mm a HD | 2 min
Nesta curtísima animación, unha aparición revélase a través do celuloide e transmite os vestixios dunha procedencia esquecida. Os espectadores interpretaron ben os seus sinais ou entendeuse mal a mensaxe? Inspirada no son atopado da descuberta que fixeron dúas persoas dun acontecemento misterioso que se produciu no ceo. (National Film Board of Canada)
TRICKS ARE FOR KIDDO
Rhayne Vermette | 2012 | Canadá | 16 mm a HD | 2 min
No ano 2010, o director Guy Maddin, de Winnipeg, exclama: «É imposible facer unha película cunha colaxe!». (Rhayne Vermette)
EXTRAITS D’UNE FAMILLE
Rhayne Vermette | 2015 | Canadá | Super 8 a HD | 7 min
Esta película é o meu intento marrado de crear un palíndromo temático de mostras (samples) audiovisuais. Ao traballar entre dous polos do recordo…, un é fácil que se confunda. Gozade desta cinta antes de que miña nai me pida que a borre. (Rhayne Vermette)
LES CHÂSSIS DE LOURDES
Rhayne Vermette | 2016 | Canadá | 16 mm a HD | 18 min
«… [A]índa que moitos arquitectos, ao longo da súa época, buscaron unha “casa de verdade” ou unha “arquitectura de verdade”, a súa verdade era unha cousa do pasado, non tan verdadeira no presente […] [A]quí a arquitectura é filla do mar, xurdida da súa substancia (a arquitectura sempre se concibe desde o interior)…». (Gio Ponti)
Á idade de 32 anos, por fin escapei da casa. Dun xeito un pouco histriónico, marchei só co meu gato e con copias de todas as imaxes fixas e en movemento que tomara meu pai (que databan ata mediados da década de 1990, que foi cando me legou a súa cámara). E, mentres desfacía as maletas destas morada surrealista, na casa, por unha coincidencia, había que facer renovación… Aquí componse un lamento arquitectónico mediante unha xenealoxía falsificada de xeración de imaxes e diversas «historias verdadeiras» de Lourdes. Que hora é? Non hai tempo para mirar atrás. (Rhayne Vermette)
J. WERIER
Rhayne Vermette | 2012 | Canadá | 16 mm a HD | 4 min
De varios proxectores derramados xorde, como unha transmutación, un retrato arquitectónico. Estes proxectores en concreto véndense en J. Werier, artefacto e emporio de almacéns de Winnipeg. (Rhayne Vermette)
FULL OF FIRE
Rhayne Vermette | 2013 | Canadá | 16 mm a HD | 2 min
Aos exiliados preséntanselles poucas opcións. A volta á casa poida que se pospoña ata un futuro indeterminado; un podería conformarse cun sucedáneo; e, por último, sempre queda a loucura. (Rhayne Vermette)
BLACK RECTANGLE
Rhayne Vermette | 2014 | Canadá | 16 mm a HD | 2 min
«O tempo non tratou ben o lenzo Cadrado negro, de Kasimir Malevich. En 1915, cando a obra se exhibiu por vez primeira, a superficie do cadrado era prístina e pura; agora a pintura negra agretou e revela o fondo branco, como morteiro dun enlouquecido pavimento.» (Philip Shaw)
Nesta película documéntase un tedioso proceso de desmontaxe e nova montaxe de metraxe atopada en 16 mm. A colaxe fílmica imita as funcións dun pano, mentres que na pista óptica gravada se describe a posterior destrución da cinta durante a súa primeira proxección. (Rhayne Vermette)
TURIN
Rhayne Vermette | 2015 | Canadá | 16 mm a HD | 7 min
Unhas paisaxes alpinas transformadas en fetiches, nunha colaxe de rayogramas e película en 16 mm, xera un retrato velado do divino Carlo Mollino. Nesta película, realizada ante a previsión de facer unha peregrinación persoal a Turín, trázase o que está en xogo para o xenial licenciado en Arquitectura e para a deplorable realizadora, co seu corazón perennemente roto. (Rhayne Vermette)
DOMUS
Rhayne Vermette | 2017 | Canadá | 16 mm a HD | 15 min
«O bloque de mármore é a máis bela de todas as estatuas.» (Carlo Mollino)
Velaquí a historia do divino arquitecto Carlo Mollino, animada o espazo da mesa de traballo da arquitecta fracasada Rhayne Vermette. Neste relato clásico de Pigmalión, feito con agarimo en 16 mm, 35 mm e Super 8, investíganse as interseccións que se producen entre o cinema e a arquitectura.
Para E. Ackerman, A. Jarnow e T. Ito. (Rhayne Vermette)